1. Acollida e Diagnóstico inicial

 

A través do presente programa preténdese ter unha primeira acollida cos traballadores que cumpran os requisitos, co obxectivo de efectuar unha presentación xeral do programa e informarlos das accións que se van levar a cabo e os esforzos e recursos postos en marcha coa finalidade de  axudarlles no seu proceso de recualificación para a súa mellora da empregabilidade.
Por outra banda, no programa preténdese realizar un diagnóstico inicial no que os traballadores participen nunha serie de obradoiros de sensibilización deseñados especificamente para guialos na toma de decisións de cara á súa participación nas medidas que engloba o plan.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 450 usuarios.