2º CICLO DE PRL M/C: INSTALACIÓNS, REPARACIÓNS... (Ourense)

Fecha: 
Lun, 25/11/2013 - 09:00 - Ven, 29/11/2013 - 14:00

Entre o 25/11/2013 e o 29/11/2013, dentro do programa de formación transversal, levouse a cabo, na localidade de Ourense, un curso de contido eminentemente práctico e de curta duración (6 horas), destinado á prevención de riscos laborais nos campos de instalacións, reparacións, montaxes, estruturas metálicas, cerraxería e carpintaría metálica.

OBXECTIVOS:

  • Recoñecer os riscos específicos inherentes ás tarefas, equipos de traballo e áreas da unidade de obra concreta, así como coñecer as técnicas preventivas específicas para a  aplicación en cada caso.
  • Identificar que riscos se derivan da interferencia entre actividades e aprender os procedementos de actuación

CONTIDOS:

Definición dos traballos.

Dependendo do posto de traballo, poderanse definir os seguintes traballos: traballos mecánicos, ferroviarios, instalacións de edificios, os referidos a instalacións de telecomunicacións, a instalacións de gas e auga, así como outros máis específicos relativos a instalacións e mantemento urbano, montaxe e desmonte de estadas industriais e montaxe de illamento industrial

Técnicas preventivas específicas.

  • Identificación de riscos
  • Avaliación dos riscos do posto (xenérica)
  • Medios auxiliares
  • Equipos de traballo e ferramentas: riscos e medidas preventivas
  • Traballos en altura
  • Traballos en proximidade eléctrica
  • Espazos confinados
  • Manipulación manual de cargas
  • Medios de protección colectiva
  • Medios de protección individual
  • Materiais e produtos.
  • Sinalización
  • Conexións eléctricas ou mecánicas
  • Mantemento e verificación, manual do fabricante, características dos principais elementos, dispositivos de seguridade, documentación e sistemas de elevación.

Neste curso participaron un total de 3 usuarios/as do proxecto.

 

AnexoTamaño
2o_ciclo_prl_ourense.pdf161.07 KB