2º CICLO DE PRL M/C: OPERADORES DE APARATOS ELEVADORES (A Coruña II)

Fecha: 
Mér, 14/08/2013 - 09:00 - 18:00

O 14/08/2013 dentro do programa de formación transversal, levouse a cabo, na localidade de A Coruña, un curso de contido eminentemente práctico e de curta duración (6 horas), destinado á prevención de riscos laborais nos campos de instalacións, reparacións, montaxes, estruturas metálicas, cerraxería e carpintaría metálica.

OBXECTIVOS:

  • Recoñecer os riscos específicos inherentes ás tarefas, equipos de traballo e áreas da unidade de obra concreta, así como coñecer as técnicas preventivas específicas para a  aplicación en cada caso.
  • Identificar que riscos se derivan da interferencia entre actividades e aprender os procedementos de actuación

CONTIDOS:

Definición dos traballos.

Dependendo do posto de traballo, poderanse definir os seguintes traballos: traballos mecánicos, ferroviarios, instalacións de edificios, os referidos a instalacións de telecomunicacións, a instalacións de gas e auga, así como outros máis específicos relativos a instalacións e mantemento urbano, montaxe e desmonte de estadas industriais e montaxe de illamento industrial

Técnicas preventivas específicas.

Identificación de riscos

Avaliación dos riscos do posto (xenérica)

Medios auxiliares

Equipos de traballo e ferramentas: riscos e medidas preventivas

Traballos en altura

Traballos en proximidade eléctrica

Espazos confinados

Manipulación manual de cargas

Medios de protección colectiva

Medios de protección individual

Materiais e produtos.

Sinalización

Conexións eléctricas ou mecánicas

Mantemento e verificación, manual do fabricante, características dos principais elementos, dispositivos de seguridade, documentación e sistemas de elevación

Neste curso participaron un total de 4 usuarios/as do proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
2o_ciclo_prl_m_c_aparatos_elevadores_a_coruna_ii.pdf161.5 KB