2. Medidas de Sensibilización

 

Estas medidas preséntanse como un dispositivo de axuda especializada en varios ámbitos para encamiñar a participación dentro das accións presentadas.

1. Talleres de xestión do cambio.
Realízanse diferentes talleres informativos de experiencias relacionadas co cambio de traballo, procesos de duelo do peche empresarial, afrontamento de posibles saídas laborais non relacionadas coa súa experiencia etc. co obxecto de axudar animicamente aos participantes entendendo que sofren unha situación extrema relacionada co despedimento.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 70 usuarios.
 
2. Talleres de acreditación de certificados de profesionalidade.
Realízanse talleres informativos relacionados coa obtención do certificado de profesionalidade. Neles motívase aos participantes e infórmaselles da necesidade de acreditar a súa experiencia mediante unha homologación das actividades realizadas ao longo da súa vida laboral.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 70 usuarios.
 
3. Talleres de retorno ás aulas.
Realizanse talleres informativos relacionados coa obtención do certificado de graduado  na Educación Secundaria Obrigatoria. Neles expóñense as esixencias do mercado laboral relacionadas cos estudos mínimos requiridos dependendo dos sectores e das actividades que se van desenvolver, así como as accións relacionadas co plan que axudarán a obter o devandito certificado.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 70 usuarios.
 
4. Talleres de fomento do espírito emprendedor.
Realizanse talleres informativos relacionados coas iniciativas emprendedoras sobre a creación de empresas para os participantes que estean interesados en obter información sobre este tema, ben porque queiran iniciar actividade empresarial por conta propia ou ben por estar informados e abertos a novas saídas ao desemprego.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 70 usuarios.