.png)
Este programa articúlase como un dispositivo de axuda especializada para a mellora das habilidades dos beneficiarios en relación coa procura activa de emprego.
Unha vez finalizada a acollida póñense en marcha as seguintes accións:
1. Orientación laboral por conta allea.
Consiste en sesións de motivación e asesoramento laboral por conta allea. Os usuarios proporcionan datos sobre a súa dispoñibilidade, preferencias, experiencia e aptitudes profesionais e persoais o cal permite orientalos e elaborar un perfil de cada traballador.
Tras o diagnóstico da situación de cada usuario, procédese ao asesoramento laboral entendido como o proceso que debe seguir cada un para conseguir mellorar as súas competencias profesionais e, deste xeito, ter maiores e mellores oportunidades de acceso ao mercado laboral. O punto de partida do devandito asesoramento é a elaboración dun itinerario personalizado en base ás necesidades identificadas no diagnóstico de cada usuario e que permite establecer os pasos que hai que seguir para a consecución do obxectivo profesional.
Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 400 usuarios.
2. Orientación laboral para o autoemprego.
Consiste en sesións de motivación e asesoramento laboral para o autoemprego. Os usuarios proporcionan datos sobre a súa idea de negocio e reciben axuda para a realización do business plan e de calquera aspecto relacionado co seu proxecto empresarial.
Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 50 usuarios.