4. Programa de Formación

A formación que se proporciona neste programa complementa as accións de orientación e asesoramento que leven a cabo os usuarios do plan. Esta formación dota os traballadores dunha maior empregabilidade, ben a través dunha recualificación profesional ou ben mediante un incremento das súas competencias.

O programa de formación está composto polas seguintes accións:
 
1. Formación en competencias básicas.
Programa de formación para a adquisición de competencias e coñecementos correspondentes á educación básica, para adquirir e actualizar a formación básica das persoas adultas até a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.
A formación realízase nos ámbitos de coñecemento seguinte: ámbito de comunicación; ámbito social; ámbito científico-tecnolóxico.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 50 usuarios.
 
2. Formación para a activación laboral.
Programa de formación composto por distintos cursos de contido eminentemente práctico e de curta duración destinados a activar os usuarios no seu proceso de procura de emprego.
Trabállanse principalmente as novas técnicas e estratexias asociadas á procura activa de emprego, co fin de potenciar as capacidades de desempeño profesional particular para alcanzar o obxectivo laboral marcado.
Ademais, preténdese que os usuarios, antes de iniciar as súas actividades, reciban unha formación de base en temas  de habilidades sociais, técnicas eficaces de procura de emprego, autoestima, motivación, networking, realidade do mercado laboral actual, mercadotecnia persoal etc.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 250 usuarios.
 
3. Formación transversal.
Programa de formación composto por distintos cursos de contido eminentemente práctico e de curta duración destinados á adquisición de competencias transversais necesarias para o desempeño profesional.
A formación que se imparte dentro deste bloque está enfocada ás necesidades específicas de cada un dos participantes, detectadas no proceso de definición do seu itinerario personalizado, facendo fincapé nas carencias e destrezas que poida ter, relacionadas coas habilidades de comunicación, tecnoloxías da información e a comunicación e idiomas, entre outras.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 150 usuarios.
 
4. Formación de recualificación profesional fóra do sector.
Programa de formación creado para dotar os traballadores dunha maior empregabilidade, ben a través dunha recualificación profesional ou ben mediante un incremento das súas competencias laborais a través de accións de formación de reciclaxe.
Este programa está composto por diferentes cursos destinados a proporcionar unha nova cualificación profesional, que se orienta cara a accións de formación certificables referenciadas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 180 usuarios.
 
5. Formación especializada dentro do sector.
Programa de formación que integra diferentes accións formativas dirixidas a recualificar os traballadores con máis posibilidades de recolocarse dentro do propio sector.
Este programa está composto por diferentes cursos destinados a proporcionar unha mellora na súa cualificación profesional dentro do sector en base á ampliación de coñecementos relacionados coas súas tarefas desenvolvidas no sector naval e mesmo a novas técnicas dentro do sector en puntos de nova empregabilidade como consecuencia de avances tecnolóxicos.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 80 usuarios.
 
6. Formación en autoemprego.
Diríxese á promoción do espírito empresarial e á asistencia con vistas ao establecemento por conta propia. Ten unha dobre vertente: o autoemprego dentro do naval, aproveitando os coñecementos de base dos usuarios do plan, e o autoemprego fóra do sector, desenvolvendo calquera outra actividade económica.
As accións formativas deben dar cobertura ás cuestións esenciais para o establecemento por conta propia no mercado laboral como poden ser talleres de sensibilización, espírito emprendedor, creatividade, xestión laboral e contable, fiscalidade, procura de financiamento, elaboración de plans de negocio, así como distintos aspectos que axuden aos usuarios a potenciar e mellorar as súas habilidades en emprendemento e liderado.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 30 usuarios.