5. Programa de Inserción

Á vez que se realiza o programa de orientación, procédese á incursión no mundo laboral,  entendida como o proceso que debe seguir cada usuario para conseguir mellorar a súa empregabilidade, deste xeito, ter maiores oportunidades de acceso ao mercado laboral.

Estas sesións realízanse de maneira individual, o que permite establecer obxectivos, detectar desvíos e erros e proceder á súa corrección.
 
O programa de emprego está composto polas seguintes accións:
 
1. Apoio á recolocación.
Os técnicos realizan labores de apoio á colocación entendidas como unha análise continuada do tecido industrial da zona de influencia para detectar necesidades de persoal nas empresas e posterior xestión das ofertas de emprego para trasladalas aos diferentes usuarios en cuxos itinerarios profesionais encaixe a oferta de emprego localizada. Nos casos nos que se considere necesario ou sexa solicitado polos participantes, realízase un acompañamento á entrevista de traballo para mellorar as posibilidades de inserción laboral.
 
Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 350 usuarios.
 
2. Seguimento no emprego.
No caso dos participantes que conseguiron a reincorporación ao mercado laboral por conta allea ou ben de maneira autónoma, realízanse titorías personalizadas nas que se verifican as condicións de emprego destes usuarios. 
De igual modo, estas sesións aprovéitanse para que o usuario que consiga activarse no mercado laboral que non se termina de axustar ao que realmente quere, teña a oportunidade, a través da mediación do equipo técnico, de cambiar a súa situación laboral, de mellorala.
 
Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 180 usuarios.