6. Medidas de Acompañamento

Estas medidas preséntanse como un apoio aos participantes nos ámbitos de certificación de experiencia profesional, creación de empresas e prácticas non laborais titorizadas en empresas.

1. Dispositivo de acreditación de certificacións.
Posteriormente á realización dos talleres informativos de acreditación de certificados de profesionalidade, nos que se informe e sensibilice aos participantes da necesidade de acreditar as súas competencias laborais mediante vías non formais como a experiencia laboral, ponse en marcha un dispositivo de acreditación de certificacións.
Establécese un dispositivo de apoio e acompañamento aos usuarios, co fin de facilitarlles a posibilidade da acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia, que a Administración competente establece.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 150 usuarios.
 
2. Procura de oportunidades de negocio.
A procura de oportunidades de negocio consiste na elaboración de guías de posibles temáticas empresariais ligadas aos distintos territorios dos participantes . Así, necesítase determinar, segundo distintos factores, que alternativas presentan unha maior viabilidade ao redor de dous factores:
-  As competencias das persoas que forman parte do colectivo ao que se dirixe o proxecto.
-  As características dos distintos territorios nos que estes residen (zonas urbanas ou rurais, de alta ou baixa densidade comercial, zonas costeiras ou interiores)
A medida desenvólvese en dúas fases:
-  Unha inicial de estudo das oportunidades de negocio nos principais territorios do proxecto.
-  Unha segunda fase de definición da idea de negocio personalizada segundo o perfil do emprendedor ou emprendedores interesados.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 30 usuarios.
 
3. Prácticas en empresa con titorización.
Medida de acompañamento na que os participantes realizan prácticas non laborais en empresas de entre 1 e 3 meses, nas que existe unha asignación da xornada dedicada á formación.
As prácticas comprenden un período de formación diario, para o que se conta cun titor da propia empresa.
Con esta medida preténdese realizar un achegamento do participante ao mundo laboral á vez que se lle dota de coñecementos baseados na experiencia dunha empresa.

Número estimado de usuarios beneficiarios:
Dos 450 beneficiarios estímase que participarán nesta acción 100 usuarios.