Activación laboral (A Coruña)

Fecha: 
Ven, 19/07/2013 - 09:00 - 14:00

O curso de Activación laboral ten por finalidade a adquisición dos coñecementos que axuden aos usuarios a conseguir un posto de traballo. Isto conséguese proporcionando asesoramento, información e adestramento en diferentes habilidades que faciliten a súa inserción profesional.

Este curso de activación persegue incrementar a empregabilidade dos usuarios, formándoos en técnicas de procura de emprego como a elaboración dun curriculum vitae, a preparación dunha entrevista de selección ou a procura de ofertas de emprego, así como desenvolvendo aqueles aspectos persoais que lles axuden na consecución dos seus obxectivos, como autocoñecemento e aumento da autoestima, definición do perfil profesional, motivación cara a unha procura activa e permanente de emprego, etc.

OBXECTIVOS:

O obxectivo do curso é incentivar aos usuarios no proceso de procura de emprego

CONTIDOS:

  • Empresa e mercado
  • Habilidades para a empleabilidad
  • O teu proxecto profesional
  • Organización e metodoloxía de procura
  • Rede de contactos
  • Elaboración dun plan de comunicación
  • Prospección laboral
  • Coñecementos e funcionamento das empresas intermediarias e contratantes
  • Elaborar un curriculum vitae
  • Procesos de selección
  • Preparar a entrevista
  • Contratación e incorporación
  • Creatividade e emprego
  • Emprego 2.0

No curso de Activación laboral levado a cabo o 19/07/2013 en A Coruña , de 5 horas de duración,  participaron un total de  11 persoas.

AnexoTamaño
activacion_laboral_a_coruna.pdf162.51 KB