Axentes sociais

Este proxecto é un acordo da Xunta de Galicia cos axentes sociais participantes no Diálogo Social en Galicia: a Confederación de Empresarios de Galicia, UGT Galicia e CCOO de Galicia.

EMPREGANAV é un plan cofinanciado pola Comisión Europea a través do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) e a Xunta de Galicia, e contará coa participación activa na súa posta en marcha das organizacións empresariais e sindicais sectoriais, ASIME, a Federación de Industria de CCOO de Galicia e MCA_UGT de Galicia.