O curso de Activación laboral ten por finalidade a adquisición dos coñecementos que axuden aos usuarios a conseguir un posto de traballo. Isto conséguese proporcionando asesoramento, información e adestramento en diferentes habilidades que faciliten a súa inserción profesional.
Este curso de activación persegue incrementar a empregabilidade dos usuarios, formándoos en técnicas de procura de emprego como a elaboración dun curriculum vitae, a preparación dunha entrevista de selección ou a procura de ofertas de emprego, así como desenvolvendo aqueles aspectos persoais que lles axuden na consecución dos seus obxectivos, como autocoñecemento e aumento da autoestima, definición do perfil profesional, motivación cara a unha procura activa e permanente de emprego, etc.
Contido:
BREVE INTRODUCIÓN Á PROCURA ACTIVA DE EMPREGO
- Que é a orientación Laboral?
- Habilidades para a empleabilidad
- Concepto de empleabilidad.
- Formación e desenvolvemento profesional, etc...
O MERCADO LABORAL.
- Tendencias xerais.
- Características máis valoradas nos candidatos.
- Sectores de emprego emerxentes actualmente.
- Ofertas públicas de emprego.
- Internet como fonte de emprego.
ORGANIZACIÓN E METODOLOXÍA DE PROCURA
- O Proceso de procura de emprego. A organización da procura.
- Breve referencia ao autoemprego.
FONTES DE PROCURA ACTIVA DE EMPREGO.
- Rede de Contactos.
- Importancia das relacións antes e durante as etapas profesionais.
- Como crear nosa propia rede.
- Networking. Exemplos prácticos.
- Internet: A importancia actual das redes sociais como fonte de recrutamento, portais de emprego, entidades ou organizacións con bolsa de emprego, etc.
CURRÍCULO VITAE E CARTA DE PRESENTACIÓN.
- Proceso de elaboración dos CV.
- Proceso de elaboración dunha carta de presentación.
A ENTREVISTA DE TRABALLO
- A importancia de preparar unha entrevista de traballo.
- Como preparamos unha entrevista? Pasos a seguir.
REDE EURES
- Que é a Rede Eures?
- Ofertas de emprego en Europa.
- Inserción dos CV na páxina web.
No curso de Activación laboral levado a cabo dende o 22/04/2013 ao 13/05/2013 en A Coruña , de 60 horas de duración, participaron un total de 10 persoas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
activacion_laboral_a_coruna_i_.pdf | 162.46 KB |