Curso de activación laboral (Vigo 18/06/13)

Fecha: 
Mar, 18/06/2013 - 09:00 - 14:00

O curso de Activación laboral ten por finalidade a adquisición dos coñecementos que axuden aos usuarios a conseguir un posto de traballo. Isto conséguese proporcionando asesoramento, información e adestramento en diferentes habilidades que faciliten a súa inserción profesional.

Este curso de activación persegue incrementar a empregabilidade dos usuarios, formándoos en técnicas de procura de emprego como a elaboración dun curriculum vitae, a preparación dunha entrevista de selección ou a procura de ofertas de emprego, así como desenvolvendo aqueles aspectos persoais que lles axuden na consecución dos seus obxectivos, como autocoñecemento e aumento da autoestima, definición do perfil profesional, motivación cara a unha procura activa e permanente de emprego, etc.

Contido:

- Concepto de empregabilidade

- As competencias

- Habilidades sociais

- A procura de emprego

- Procesos de selección de persoal

- A entrevista de traballo

No curso levado a cabo o 18/06/2013 na localidade de Vigo, con unha duración de 5 horas, participou unicamente 1 usuario.

AnexoTamaño
curso_de_activacion_laboral_vigo_18_06_13.pdf158.19 KB