Curso de axudas e líneas de financiación para empresas e autónomos (Ourense)

Fecha: 
Mér, 30/10/2013 - 09:00 - 14:00

O 30/10/2013 levouse a cabo un curso de “Axudas e liñas de financiamento para empresas e autónomos” na localidade de Ourense, caracterizado por ser fundamentalmente práctico, posto que tras dar a coñecer as axudas vixentes e as que se adoitan convocar anualmente polos diferentes organismos existentes (IGAPE, ICO), así como as liñas de financiamento (microcréditos, Sociedades de Garantía Recíproca) e outras vías para acceder ao crédito, como a capitalización da prestación por desemprego, leváronse a cabo exercicios, tales como:

  • Casos prácticos de negocios de varias localidades galegas, onde se debullou a actividade a desenvolver e mostráronse os elementos financiables e/ou subvencionables coas diferentes axudas explicadas.
  • Exercicio práctico en grupos de tres - catro acodes no que se seguiu o guión establecido para solicitar varias liñas de financiamento e axudas.

OBXECTIVO:

Dar a coñecer  aos participantes os campos de:

  • Tipos de axudas e onde solicitalas
  • Internacionalización
  • Tarifa plana emprendedores

CONTIDO

  • Axudas do IGAPE.
  • Axudas e liñas de financiamento SOGARPO- AFIGAL
  • Convenio de colaboración entre a Cámara de Comercio de Ourense e o ICO para o impulso de microcréditos destinados a emprendedores (información no curso impartido en Ourense)
  • Proxecto Emprende Ourense 2013 (información no curso impartido en Ourense)
  • Autónomos. Principais características
  • Licenzas
  • Cooperativas
  • Trámites e axudas.
  • PAIT

No curso participaron un total de 3 usuarios/as do proxecto Empreganav

AnexoTamaño
ayudas_y_lineas_de_financiacion_para_empresas_y_autonomos_ourense.pdf160.61 KB