Curso de creación de proxectos de emprendemento (Ferrol)

Fecha: 
Mar, 14/05/2013 - 16:00 - 19:00

Debido á necesidade de dotar aos usuarios, que están interesados en iniciar unha actividade por conta propia, dunha formación específica naqueles aspectos básicos indispensables para crear unha empresa, o 14/05/2013 levouse a cabo un curso de “Creación de proxectos de emprendemento” na localidade de Ferrol, caracterizado por ser fundamentalmente práctico, posto que se comezou realizando unha pequena introdución sobre a idea de negocio e posteriormente realizáronse unha serie de exercicios prácticos, tales como:

  • Test do emprendedor. Realización e avaliación do mesmo. Conclusións.
  • Test de avaliación da idea. . Realización e avaliación do mesmo. Conclusións.

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral consistiu en incentivar e facilitar a creación de novas empresas mediante a formación empresarial e a titorización individual dentro do proxecto Empreganav.

A partir deste obxectivo xeral pretendeuse conseguir os seguintes obxectivos parciais:

  • Fomentar a iniciativa emprendedora e o autoemprego das persoas participantes no proxecto Empreganav a través da creación de empresas, especialmente proxectos innovadores e/con certa base tecnolóxica, mediante a formación empresarial e a titorización individual dos proxectos de empresa.
  • Transformar unha idea de empresa nun proxecto viable, que facilite a creación de novas empresas.
  • Promover a creación de empresas como fórmulas de inserción laboral.
  • Aplicar técnicas de creatividade para a procura de ideas de negocio.
  • Axudar ao emprendedor a situarse na súa idea de negocio.
  • Axudar aos/as novos emprendedores/as a identificar os puntos fortes e débiles dos seus proxectos, titorizandoos na elaboración dos seus plans de negocio.
  • Identificar as fontes de financiamento para cada proxecto para conseguir que cada alumno/a poña en marcha o seu proxecto.

CONTIDO:

  • Avaliación de oportunidade
  • O emprendedor
  • A idea de negocio
  • A xeración de ideas
  • A avaliación da idea
  • Modelos de negocio no sector social
  • A adquisición dos recursos financeiros necesarios para desenvolver unha nova empresa
  • Intercambios entre rendibilidade financeira e rendibilidade social.

No curso participaron un total de 15 usuarios/as activos do proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
curso_de_creacion_de_proyectos_de_emprendimiento_ferrol.pdf162.47 KB