Curso de creación dun plan de negocio (Ourense)

Fecha: 
Xov, 27/06/2013 - 10:00 - 13:00

Tras a realización do curso de “Creación dun proxecto de emprendemento” na localidade de Ourense (26/06/2013), o 27/06/2013 levouse a cabo un curso de “Creación dun plan de negocio”, caracterizado por ser fundamentalmente práctico, posto que se comezou realizando unha pequena introdución sobre o plan de negocio e posteriormente realizáronse unha serie de exercicios prácticos baseándose fundamentalmente nun guión para a elaboración dun plan de negocio (elaboración de análise DAFO, solicitude de liñas de axuda, etc..) quedando reflectido nunha “Ficha Técnica do Emprendedor” que cada un dos participantes cubriu posteriormente.

OBXECTIVOS

Os obxectivos fundamentais deste curso, pódense resumir nos  seguintes puntos:

  • Ensinar aos futuros emprendedores as claves para desenvolver con éxito unha idea de negocio, avaliando todos os factores que inflúen nela, co obxectivo de desenvolvela co maior éxito posible.
  • Comprender en profundidade o alcance e as posibles consecuencias das nosas decisións de investimento, asegurando a rendibilidade e viabilidade real do proxecto.
  • Axudar ao emprendedor a definir a súa idea de negocio.
  • Dotar de coñecemento para a análise das ideas empresariais.
  • Analizar os apartados do plan de empresa.

CONTIDOS

  • A análise da viabilidade da idea.
  • Contidos do plan de negocio.
  • Utilidades do plan de negocio.
  • A análise económica- financeiro

No curso participaron un total de 8 usuarios/as activos no proxecto Empreganav.

 

AnexoTamaño
curso_de_creacion_de_un_plan_de_negocio_ourense.pdf161.86 KB