Curso de desenvolvemento de habilidades de autoemprego (Ferrol)

Fecha: 
Ven, 24/05/2013 - 09:30 - 14:30

O 24/05/2013 levouse a cabo un curso de “Desenvolvemento de habilidades de autoemprego” na localidade de Ferrol, caracterizado por ser fundamentalmente práctico, posto que se comezou realizando unha breve introdución teórica de conceptos relativos a modalidades de emprendemento e planificación, para dar paso a exercicios prácticos, tales como:

  • Autoavaliación de habilidades
  • Descrición de proxectos de emprendemento.
  • Análise DAFO dos proxectos.
  • Traballo de habilidades comunicativas e orientación comercial ao cliente.
  • Varios Role Playing

OBXECTIVOS

Os principais obxectivos deste curso resúmense nos seguintes puntos:

 Obxectivo xeral: Mellorar a empregabilidade do grupo de participantes, a través da identificación, do desenvolvemento de habilidades de emprendemento e da súa aplicación efectiva en proxectos de iniciativa propia.

Obxectivos específicos.

  • Identificar o perfil de habilidades e competencias do emprendedor, que son clave para  o desenvolvemento dun proxecto de autoemprego.
  • Orientar unha reflexión crítica e unha análise dirixida ao autocoñecemento do propio perfil en orde de determinar o axuste entre este e aquelas habilidades necesarias para emprender.
  • Desenvolver e potenciar aquelas habilidades, que como resultado da anterior análise, considérense determinantes e  necesarias á hora de abordar accións de autoemprego.

CONTIDOS

  • SECUENCIA DE APRENDIZAXE. FORMACIÓN GRUPAL.
  1. Identificar e analizar
  2. Comprobar e experimentar
  3. Adestrar e desenvolver
  • IDENTIFICACIÓN E ANÁLISE DE HABILIDADE DE AUTOEMPREGO.
  1. Perfil de habilidades e o rol do emprendedor.
  2. O auto-análise: Identificar o propio perfil de habilidades.
  3. O autoemprego e as habilidades sociais relacionadas.
  4. A auto-motivación: factor crítico na figura do emprendedor.
  5. A formulación de obxectivos e xestión do tempo.
  6. O emprendedor e a identificación das súas necesidades formativas.
  7. O axuste trinomio: Realidade, expectativas e habilidades.
  • METODOLOXÍA E EXERCICIOS.
  1. Explicación de conceptos básicos de autoemprego e habilidades de emprendemento.
  2. Desenvolvemento de cuestionario de Autoavaliación de habilidades e competencias do perfil de emprendedor
  3. Exercicio por grupos de análises DAFO sobre proxectos de emprendemento propios ou simulados.
  4. Exercicios de desenvolvemento da habilidade comercial (orientación comercial ao cliente) baseados nos propios proxectos de emprendemento.

No curso participaron un total de 10 usuarios/as activos no proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
desarrollo_de_habilidades_de_autoempleo_ferrol.pdf162.05 KB