Curso de xestión básica de PEMES (Vigo)

Fecha: 
Lun, 01/07/2013 - 09:00 - Mér, 10/07/2013 - 14:00

A situación económica, e o crecente aumento das PEMES no mundo empresarial, fan necesario un coñecemento elevado da xestión deste tipo de empresas así como a posibilidade da implantación interna de mecanismos de control de xestión, que permita aos usuarios da información ter unha visión da situación económico- financeira da PEME, de cara á toma de decisións. Por este motivo, entre o 01/07/2013 e o 10/07/2013 levouse a cabo un curso de “Xestión Básica de PEMES” na localidade de Vigo, caracterizado por ser fundamentalmente práctico e tratar os aspectos fundamentais na Xestión dunha PEME.

Comezouse realizando unha pequena introdución sobre o Plan de Empresa e posteriormente realizáronse unha serie de exercicios prácticos, tales como:

  • Tras a exposición dun caso práctico detallado sobre a situación dunha empresa que vai realizar unha selección de persoal, pídese aos alumnos:
  1. Realizar os contratos de traballo de ambos os traballadores.
  2. Encher a copia básica do segundo traballador.
  3. Facer o preaviso do segundo traballador.
  4. Calcular as nóminas dos períodos de contratación
  5. Calcular a liquidación de ambas as contratacións
  6. Calcular as cotizacións á seguridade sociaL.
  • Debate sobre as fontes de selección de persoal: Cal é a máis efectiva, a máis fácil de preparar, a que máis se utiliza actualmente, etc.

OBXECTIVOS

O obxectivo final e principal  é que o alumno consiga ter unha visión práctica e sinxela da xestión integral dunha pequena e mediana empresa.

A partir deste obxectivo xeral preténdense conseguir os seguintes obxectivos parciais:

  • Coñecer as obrigacións legais que unha PEME debe cumprir a efectos fiscais e mercantís.
  • Preparar ao alumno no deseño de sistemas de información que lle presenten as situacións de risco e anticiparse a elas.
  • Detectar e analizar desviacións na planificación. Establecemento de medidas correctoras de xestión.
  • Unha visión sobre a xestión da empresa, baseada en centros de beneficio e centros de custo.
  • Coñecer os principais aspectos laborais que inflúen na xestión dunha PEME.

CONTIDOS

  • Plan de Empresa: Proxectos e Obxectivos.
  • Procura de fontes de financiamento.
  • Outras alternativas de financiamento: Axudas e Subvencións; Sociedades do Capital Risco; Bussiness Angels.
  • Medios de cobro e pago.
  • Os Recursos Humanos na PEME
  • Tipos de contratos.

No curso participaron un total de 5 usuarios/as do proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
curso_de_gestion_basica_de_pymes_vigo.pdf161.72 KB