Destinatarios

O sector naval comprende o conxunto de empresas que teñen por obxecto a construción, a reparación, a reciclaxe e a transformación de buques e outros artefactos flotantes, e a súa industria auxiliar.

Segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada por RD 475/2007, de 13 de abril, a actividade económica que nos ocupa encádrase dentro das divisións 25, 30 e 33.

Con todo, o sector obxecto da solicitude concéntrase na industria auxiliar do sector naval que se concreta no CNAE 25. 
En concreto, os beneficiarios da axuda son as persoas traballadoras do sector naval (CNAE 25) que perdesen o seu posto de traballo entre o 23/03/2011 e o 22/12/2011, por causas obxectivas e como resultado directo da crise financeira e económica mundial.