Nivel básico de prevención das actividades do metal na construcción (A Coruña II)

Fecha: 
Lun, 22/07/2013 - 09:00 - Mér, 07/08/2013 - 14:00

Entre o 22/07/2013 e o 07/08/2013 dentro do programa de formación transversal, levouse a cabo, na localidade de A Coruña, un curso de contido eminentemente práctico e de curta duración (60 horas), destinado á prevención de riscos laborais das actividades do metal na construción.

OBXECTIVO

O obxectivo do curso é que o/o alumno/a adquira os coñecementos básicos en materia de Prevención de Riscos Laborais relativos ás empresas do metal que traballan en construción

CONTIDOS:

Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.

  • O traballo e a saúde. Os riscos profesionais. Factores de risco.
  • Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.
  • Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Deberes e obrigacións básicos nesta materia.

Riscos xerais e a súa prevención.

  • Riscos ligados ás condicións de seguridade.
  • Riscos ligados ao medio ambiente do traballo.
  • A carga do traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.
  • Sistemas elementais de control de riscos. Medios de protección colectiva e equipos de protección individual.
  • Plans de emerxencia e evacuación.
  • O control da saúde dos traballadores.

Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.

  • Diferentes fases de obra e as súas proteccións correspondentes (redes, varandas, estadas, plataformas de traballo, escaleiras, etc.).
  • Implantación de obra. Locais hixiénico sanitarios, instalacións provisionais, etc.

Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.

  • Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.
  • Organización preventiva do traballo: 'rutinas básicas?.
  • Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
  • Representación dos traballadores. Dereitos e obrigacións (delegados de prevención, comité de seguridade e saúde, traballadores designados, etc.).

Primeiros auxilios.

  • Procedementos xerais.
  • Plan de actuación.

Procedementos para conseguir unha correcta utilización das carretillas

  • A ergonomía
  • Recomendacións de seguridade
  • Mantemento, reposición e conservación
  • Equipos de protección individual

Neste curso participaron un total de 7 usuarios/as do proxecto Empreganav.

 

AnexoTamaño
prl_a_coruna_ii.pdf162.39 KB