Operador de carretillas elevadoras (Ourense)

Fecha: 
Lun, 26/08/2013 - 09:00 - Mér, 04/09/2013 - 14:00

Entre o 26/08/2013 e o 04/09/2013, dentro do programa de formación transversal, levouse a cabo na localidade de Ourense, un curso de contido eminentemente práctico e de curta duración (24 horas), destinado ao correcto manexo dunha carretilla elevadora, necesario para o desempeño profesional.

OBXECTIVOS:

  • Adquirir os coñecementos técnicos necesarios para o manexo dunha carretilla.
  • Coñecer como se deben cargar e descargar os camións ou estibar nun almacén.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para evitar accidentes dentro do manexo dunha carretilla e da manipulación de cargas coa mesma.
  • Cumprir as normas de prevención de riscos laborais no manexo de carretillas elevadoras.

CONTIDOS:

  • Introdución
  • Lexislación en PRL
  • A carretilla elevadora
  • Factores de accidentes
  • Medidas de seguridade
  • Estabilidade das carretillas
  • Procedementos para conseguir unha correcta utilización das carretillas
  • A ergonomía
  • Recomendacións de seguridade
  • Mantemento, reposición e conservación

No curso participaron un total de 8 usuarios/as activos no proxecto Empreganav.

 

AnexoTamaño
operador_de_carretillas_elevadoras_ourense.pdf161.78 KB