Operador de plataformas elevadoras (Ourense)

Fecha: 
Xov, 05/09/2013 - 09:00 - Lun, 09/09/2013 - 13:00

Entre o 05/09/2013 e o 09/09/2013 dentro do programa de formación transversal, levouse a cabo, na localidade de Ourense, un curso de operador de plataformas elevadoras de contido eminentemente práctico e de curta duración (8 horas).

OBXECTIVOS:

Conseguir que os operarios de aparellos elevadores sexan capaces de identificar os riscos da utilización dos mesmos, da contorna de traballo e as medidas preventivas coas que debe contar cada un.

CONTIDOS:

Definición dos traballos

  • Tipos de máquinas e equipos
  • Coñecementos da contorna de traballo

Técnicas preventivas específicas

  • Identificación de riscos
  • Avaliación do risco
  • Medios auxiliares
  • Equipos de traballo e ferramentas
  • Manipulación da carga
  • Medios de protección
  • Mantemento e verificacións
  • Interferencia entre actividades
  • Sinalización

Neste curso participaron un total de  7 persoas.

AnexoTamaño
operador_de_plataformas_elevadoras_ourense.pdf161.52 KB