Prevención de riscos laborais (Santiago de Compostela)

Fecha: 
Mar, 09/04/2013 - 09:00 - Mar, 30/04/2013 - 14:00

Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento moi básico. Ao longo do curso preténdese dotar aos alumnos dun coñecemento e competencias básicas en materia de prevención.

Tendo en conta o perfil dos usuarios, os obxectivos principais do curso son os seguintes:

- Dar dunha forma sistematizada, e facendo mención á normativa aplicable en cada caso, os coñecementos mínimos suficientes que permitan analizar os riscos que hai na contorna de traballo dentro dunha empresa.

- Impartir as técnicas de análises das condicións de traballo que permitan valorar os riscos e adoptar as medidas adecuadas para evitalos ou diminuílos.

- Dar a coñecer diversas ferramentas para a xestión da seguridade. 

Contido:

- Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.

- Riscos xerais e a súa prevención.

- Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.

- Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.                 

- Primeiros auxilios.

No curso realizado na localidade de Santiago de Compostela, entre o 09/04/2013 e o 30/04/2013 e cunha duración de 60 horas (20 h presenciais e 40h de formación a distancia) participaron un total de 11 persoas.

AnexoTamaño
prevencion_de_riesgos_laborales_santiago_de_compostela.pdf163.11 KB