Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento moi básico. Ao longo do curso preténdese dotar aos alumnos dun coñecemento e competencias básicas en materia de prevención.
Tendo en conta o perfil dos usuarios, os obxectivos principais do curso son os seguintes:
- Dar dunha forma sistematizada, e facendo mención á normativa aplicable en cada caso, os coñecementos mínimos suficientes que permitan analizar os riscos que hai na contorna de traballo dentro dunha empresa.
- Impartir as técnicas de análises das condicións de traballo que permitan valorar os riscos e adoptar as medidas adecuadas para evitalos ou diminuílos.
- Dar a coñecer diversas ferramentas para a xestión da seguridade.
Contido:
- Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.
- Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
No curso realizado na localidade de Vigo, entre o 13/05/2013 e o 03/06/2013 e cunha duración de 60 horas (20 h presenciais e 40h de formación a distancia) participan un total de 8 persoas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
prl_vigo_i.pdf | 161.49 KB |