Soldadura nivel avanzado (A Coruña)

Fecha: 
Mér, 23/10/2013 - 09:00 - Lun, 02/12/2013 - 14:00

Entre o 23/10/2013 e o 02/12/2013 dentro do programa de formación especializada dentro do sector do metal e auxiliar do naval, levouse a cabo, na localidade A Coruña, un curso de “Soldadura nivel avanzado” de contido eminentemente práctico e de curta duración (220 horas), destinado a proporcionar aos usuarios/as do proxecto unha mellora na súa cualificación profesional dentro do sector, en base á ampliación dos seus coñecementos.

OBXECTIVOS:

Ao finalizar o curso o alumnado alcanzará os coñecementos e habilidades necesarios para realizar soldaduras TIG, tendo en conta a normativa vixente e os criterios de calidade e seguridade, alcanzando un alto nivel de cualificación na aplicación destas soldaduras.

CONTIDOS:

  • MÓDULO I: INTERPRETACIÓN DE PLANOS EN SOLDADURA
  • MÓDULO II: PROCESOS DE CORTE E PREPARACIÓN DE BORDOS
  • MÓDULO III: SOLDADURA TIG DE ACEIRO Ao CARBONO

Neste curso participaron un total de 12 usuarios/as do proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
soldadura_nivel_avanzado_a_coruna.pdf162.31 KB