Xunta de Galicia

A participación da Xunta de Galicia neste proxecto canalízase a través de dous departamentos:   

  • Consellería de Traballo e Benestar: correspóndelle á Dirección Xeral de Relacións Laborais, dependente desta Consellería, a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, seguridade e saúde, responsabilidade social empresarial, cooperativas e entidades de economía social, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.
  • Consellería de Economía e Industria:  a Consellería de Economía e Industria é o órgano ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos de promoción e dinamización económica, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minería, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, da infraestrutura dos servizos empresariais do solo industrial.
 
O exercicio das competencias realízase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia, nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que resulten oportunos.